Libros para ler nestes días:
Educación Infantil:
A miña amiga escuridade
Ella Burfoot
Baía Edicións
Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu
cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e
bailando. Esta historia presenta á escuridade como amiga das nenas e os nenos. O
libro, para nenos a partir de 2 anos, está especialmente recomendado para evitar
o medo á escuridade. Ideal para compartilo cando se deitan.
O dragón Comemedo
RuAn Baía Edicións |
A partir de 3 anos Un día Bernal, un neno con tanto medo que case non podía
facer nada, encontrou un dragón grandísimo. A situación semellaba terrible até
que descubriu como encoller o dragón e con el todos os seus medos.
Educación Primaria:
Primeiro Ciclo
Colección " O Baúl dos monstros" ( 10 Títulos)
A bruxa
Enric LLuch,Oscar T Pérez
Baía Edicións
A bruxa Maruxa non para de meterse en leas. A última foi na casa de
chocolate de Hansel e Gretel, despois de pedir o traslado. Que fará a bruxa
mandona cando saiba que deixou o conto patas arriba?
O vampiro
Enric LLuch
Baía Edicións
O vampiro Ladislau ten un problema: os seus cairos non están afiados e
sen eles nin dá medo nin pode morder suculentos pescozos. E é que a vida de
vampiro tamén pode ser moi dura!
O esqueleto
Enric LLuch
Baía Edicións
Osiños quere ser futbolista como as
persoas de carne. A súa familia, alarmada, tratou de facerlle ver que para un
esqueleto non é posible.Pero por que non intentalo?
2º Ciclo
A noite de Samaín
Pepe Carreiro
Editorial Toxosoutos
Nova entrega da serie protagonizada pola familia dos Barbanzóns
formada por nove habitantes do castro de Baroña e o oso Banza ambientada na noite de Samaín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario