luns, 26 de abril de 2021
SEMANA ESCOLAR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO: SUCEDEU NO CAMIÑO PRIMITIVO
DÍA DO LIBRO 2021
Celebramos o Día do Libro 2021, con unha videoconferencia en directo con ana Meilán , despois de traballar nas aulas con algúns dos seus libros:
Bágoas debaixo da cama
O que a serea esqueceu
O meu desexo é...
Oito patas
A chave dos soños
Que ven esta noite
Despois da lectura, realizamos numerosas actividades relacionadas coas historias dos libros, poñéndoas nos blogs e no faceboock do cole. PREME NOS ENLACES
Video realizado polos alumnos de 5º de primaria "O que a serea esqeuceu",
martes, 20 de abril de 2021
PEQUENOS EMPRESARIOS EN SEXTO DE PRIMARIA
Aquí tedes os proxectos dos alumnos de 6º de Primaria como PEQUENOS EMPRESARIOS:
sábado, 27 de marzo de 2021
27 de marzo | Día do Teatro
O Día Mundial do Teatro celébrase cada 27 de marzo e foi creado polo Instituto Internacional de Teatro (ITI) no ano 1961. O seu principal obxectivo é dar a coñecer oq ue representa o teatro para a cultura a nivel mundial.
O teatro é un movemento cultural que ten trascendencia mundial e que se caracteriza por unha posta en escena dun grupo de comediantes e artistas.
É unha das artes escénicas máis importantes, que conxugan unha rgan variedade de elementos e que ao mesturtalos, dan como resultado un marabilloso espectáculo.
O teatro, a diferencia doutras artes escénicas, ten a particularidade de espertar verdadeiras paixóns, sentimentos e emocións unha vez que comeza a obra.
Foron moitos, e seguirán sendo, as pezas literarias que se convertiron nunha peza tatral enrriba dun escenario.
Compartimos con vós algunhas representacións teatrais de onte e de hoxe.
martes, 2 de marzo de 2021
CASTELAO
Aquí tedes unha presentación sobre a biografía de Castelao elaborada polos alumnos de Educación Infantil e Primaria. Xenial rapaces!!!!
PREME NA IMAXEluns, 22 de febreiro de 2021
martes, 26 de xaneiro de 2021
Animación á lectura | 'La clase de 1º y el pirata Kiko' de Isabel Bugallo
A obra de Isabel Bugallo, 'La clase de 1º y el pirata Kiko' foi presentada no noso cole a través da iniciativa proposta de Bibliogurriarán. Esta proposta de animación á lectura tivo unha moi boa acollida para os cursos de primeiro, segundo e terceiro de primaria.

Unha obra de iniciación á lectura en formato aventura para os primeiros cursos de primaria. Ademais cabe descatar que ven acompañada de actividades interactivas integradas.
Como desfrutamos deste proxecto nas nosas aulas? Bota unha ollada!




venres, 18 de decembro de 2020
Chegou a maxia do Nadal!
O Nadal chegou e con el unha época na que reina o amor e os bos desexos.
Dende Bibliogurriarán desexámosvos unhas marabillosas e felices festas. Desfrutade do tempo en familia, compartide sorrisos e debuxade esos momentos máxicos nos vosos corazón.

PARA OS LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ALGÚN MOMENTO DE LECER.
AÍNDA ASÍ SELECCIONAMOS PARA VÓS ALGÚNS VÍDEOS CON ALGUNHA HISTORIA OU TUTORIAIS PARA FACER ALGUNHA MANUALIDADE. AGARDAMOS QUE A ESCOLLA FOSE ACERTADA.

xoves, 10 de decembro de 2020
250 anos de Beethoven, o gran músico



luns, 30 de novembro de 2020
Novembro, mes da ciencia en galego
EXPERIMENTO: LEITE CON CORES! 4º Infantil B












