Aproveitando á visita dos animais de Pelo Pico Planta ó cole traballamos contos e adiviñas
martes, 30 de maio de 2017
Os animais
Os nenos e nenas de tres anos están a levar a cabo un Proxecto sobre os animais.Dentro deste proxecto están a traballar adiviñas de animais que se recolleron dentro deste video didáctico.
mércores, 24 de maio de 2017
Visita Ledicia Costas
Os nenos e nenas de 6º de primaria leron o libro Escarlatina, a cociñeira defunta e hoxe puideron falar del coa súa autora Ledicia Costas na biblioteca do centro.
domingo, 21 de maio de 2017
Actividades Letras Galegas
- Traballo do conto a Galiña Azul.
- Elaboración de Galiñas azuis para colgar no Malecón do Barco.
venres, 19 de maio de 2017
Proxecto:as árbores de ribeira
Os nenos e nenas de 6º fixeron un proxecto sobre as árbores da ribeira do río nas diversas estacións.
martes, 16 de maio de 2017
Florencio Delgado Gurriaran
Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu no 1903 en Córgomo (Ourense). Cando tiña seis anos transladouse a Ourense e posteriormente a Palencia, onde cursou estudios de Bacharelato. Entre 1914 e 1924 estudiou Dereito en Valladolid. De regreso a Córgomo, traballou como pasante nun gabinete de avogados de Valdeorras e fíxose socio protector do Seminario de Estudios Galegos. Comezou a publicar poesías en A Nosa Terra e o Heraldo de Galicia. No 1933 ingresou no Partido Galeguista e un ano máis tarde publicou na revista Nós a súa primeira escolma; Bebedeira.
O inicio da Guerra Civil obrigouno a exiliarse; primeiro a Portugal e Francia e tres anos máis tarde a México onde exerceu diversas profesións, como a de vendedor de calzado e roupa ou representante de farmacia. Á marxe disto, colaborou con organizacións do exilio como a Alianza Nacional Galega, o mexicano Ateneo de Galicia ou O Fogar Galego; así mesmo dirixiu a revista Saudade. No 1944 participou como mandatario do Partido Galeguista no pacto Galeuzca, formando parte do Consello de Galicia en México.
En 1953 constitúese o Padroado da Cultura Galega en México que impulsou a creación da revista Vieiros; Florencio Delgado participou na súa direción ao carón de Carlos Velo e Luis Soto. En 1963 deu á luz Galicia infinda.
Regresou a Galiza no 1968, aínda que marcharía de novo. Retornaría en 1976 e en 1981 para tomar posesión do seu cargo como membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudios Valdeorreses. Ese mesmo ano publicou Cantaneras. Regresou a México e en 1986 publicou o seu derradeiro libro O soño dun guieiro.
Morreu en California en 1987 e as súas cinzas foron transladadas a Córgomo poucos meses despois.

Fonte:BVG
Aquí recollemos o traballo realizado polos nenos de 6º de primaria
Aquí recollemos o traballo realizado polos nenos de 6º de primaria
Obradoiro de grafitis
Os nenos e nenas de primaria realizaron un obradoiro de grafitis sobre a figura de Florencio Delgado Gurriaran.Estes grafitis adornan os pasos de peóns da Vila.
Visita da exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán na biblioteca municipal.
Poemas
domingo, 14 de maio de 2017
venres, 12 de maio de 2017
Cholo e Nela
O tema deste ano é a música
Canción o pentagrama
Canción Clave de sol
Las notas musicales
Música Clasica
Las cuatro estaciones (Vivaldi)
El cascanueces
El carnaval de los animales
Danza Húngara
Reloj Sincopado
Mozart para niños
Amadeus
Instrumentos musicales
Bolero de Ravel
Danza de las horas
martes, 9 de maio de 2017
Lectura na biblioteca
domingo, 7 de maio de 2017
Charla sobre violencia de xénero
Os nenos e nenas 5º e 6º de Primaria recibiron unha charla, na biblioteca, sobre violencia de xénero impartida por membrs da Garda Civil.
venres, 5 de maio de 2017
Lección sobre reciclaxe
Os alumnos dos coles da zona recibiron charlas sobre reciclaxe organizadas polo Concello,asimesmo participaron na actividade de baleirado de colectores de lixo nos patios dos centros para concienciar os rapacer da importacia de separar os residuos para a súa reciclaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)