mércores, 20 de novembro de 2013

Recursos Proxecto:os castelos



LIBROS

  •  El castillo del rey Sisebuto.Colin West Ed. Anaya
  • Caballeros y Castillos V A.Mini larousse
  • Caballeros y castillos (La Casa De Alex).Philip Ardagh, Mike Gordon y Bruno Díaz .Ed La Galera.
  • Enigmas de caballeros y castillos. Silke Moritz:Ed Anaya
  • Caballeros y castillos (100 Cosas Deberias Saber) Equipo susaeta 

       NA REDE
  •    Musicograma







martes, 19 de novembro de 2013

Ciencias para nenos

Ciencia Kids é o fogar da ciencia e a tecnoloxía en Internet para os nenos de todo o mundo.Aprende máis sobre o maravilloso mundo da ciencia por disfrutar deexperimentos científicos divertidos, feitos interesantes, xogos online, actividades gratuitas, ideas, plans de estudio, fotos, videos, concursos e proxectos da feira de ciencias.

mércores, 13 de novembro de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS


Un curso máis os nenos e nenas do cole están a participar na actividade das mochilas viaxeiras.
Esta mochila é unha invitación a disfrutar dos libros en compañía, compartindo coa familia os sentimentos e as sensacións que producen as lecturas propostas.En cada mochila vai un caderno no que as familias e os nenos e nenas poden expresar a súa opinión sobre  os libros da mochila.



TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 1º A


Tento e mailo dente. Ricardo Alcántara-Gusti. Edelvives.
 La historia de Dracolino. Begoña Ibarrola. SM.
  Summer. Parramón.
 DVD. Cuentos de siempre: La casita de chocolate.
 Rabietas, pataletas y malos modales. Jesús Jarque García.

       TÍTULOS  DA MOCHILA VIAXEIRA DE 1º B


     Tento e mailo seu amigo. Ricardo Alcántara- Gusti. Edelvives.
     ¡Yo soy el mayor!. Begoña Ibarrola. SM.
     Autumn. Parramón.
     DVD. Cuentos de siempre: El soldadito de plomo.
      Niños desobedientes y otros problemas de conducta. Jesús Jarque García


TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 2º A


  Mamá, ti si que me entendes!. Teresa Moure. Galaxia.
  Leo-Leo: Cómo hacerse malo.
  A day in the mountains. Parramón.
 DVD. Cuentos de siempre: El flautista de Hamelin.
Técnicas básicas de disciplina. Jesús Jarque García.


TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 2ºB


  Carameliño sen cor e sen sabor. Galicia Edicións.
  Leo-Leo: El primer cachorro.
  Earth. Parramón.
   DVD. Cuentos de siempre: Pulgarcito.
 Técnicas básicas para educar. Jesús Jarque García.




venres, 8 de novembro de 2013

HALLOWEEN

Este ano celebramos o Halloween/Samaín contando contos de medo que tiveron coma protagonistas meigas, pantasmas, vampiros..... Todos estes libros están na nosa biblioteca por se queredes levalos a casa.
Cantamos cancións, fixemos libros,pintamos cabazas, bruxas, máscaras.....
Como en anos anteriores houbo un concurso de decoración de cabazas e os participantes levaron para casa o seu diploma. Grazas as familias pola colaboración! e o día 30 festa de disfraces.Aquí tedes algunhas fotos.

martes, 5 de novembro de 2013

Premio Nacional de Comic para Miguelanxo Prado


Ardalén de Miguelanxo Prado acadou o Premio Nacional de Cómic.
O xurado destacou o caracter poético da obra, que mestura a realidade co soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor. 
Parabéns para o autor!.

domingo, 20 de outubro de 2013

Día Internacional das Bibliotecas


O vindeiro 24 de Outubro celebramos o Día das bibliotecas.Nesta ocasión o lema é LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR  trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos científicos e divulgativos que tratan temas relacionados coa ciencia. A ilustración é de Patricia Castelao




































martes, 14 de maio de 2013

MAGÍN BLANCO:" A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO"

Hoxe Magín Blanco presentou no cole o seo novo libro-Cd " A nena e o grilo nun barquiño"

O valdeorrés compositor, músico e escritor Magín Blanco, dá nesta segunda entrega de A nena e o grilo un novo paso,ademáis de escribir as letras das cancións,crear os contos que lle dan fío conductor á viaxe das personaxes e ao espectáculo,decide deixar un espazo no libro ás creacións dos nenos e nenas que coas súas achegas farán que o libro sexa único.Na viaxe de a nena e o grilo nun barquiño os acompaña Leandro Lamas como ilustrador do conto.
Os nenos e nenas do cole tamén pintaron as ilustracións do libro:


No ano 2010 A nena e o grilo iniciou a viaxe na que descubrimos,disfrutamos e aprendemos as súas cancións,e o seu xeito de mirar o mundo.
A nena e o grilo nun barquiño é a segunda entrega de a nena e o grilo.
Nesta ocasión as dúas personaxes prepáranse para vivir unha historia de aventuras coa que continuaran descubrindo o mundo e os seus segredos, e tamén o seu propio mundo interior.
as aventuras inciden na solidaridade,o respecto, a natureza,a identidade,o desenvolvemento do universo afectivo e a curiosidade por todo o que os rodea.
en trece capítulos,coas correspondentes cancións,irán vivindo singulares aventuras.
Iste conto soa:a bicos roubados, a Beatles, armonías vogais,retrousos contaxiosos...
Nos conta unha historia dunha viaxe,onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir.
Ademáis é un espectáculo onde se expresa a través das artes:música teatro,narrativa,ilustración,e poesía
O proxecto conformase por un libro cd editado por Fol Música,e un espectáculo músico teatral para amosar toda esa maxia en vivo.Por certo se queredes desfrutar do espectáculo o día 11 actuarán no Barco.




martes, 30 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Clica para diminuír

Este ano adicamoslle as Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño
Recursos do Seminario Galán
Biografía e obra E.I

Biografía e obra 1º Ciclo
Biografía e obra 2º Ciclo
Biografía e obra 3º ciclo


Brincaletras Roberto Vidal Bolaño ( espazo abalar)

Na rede
Telexornal Vidal Bolaño











VISITA DE SUSA HERRERA


VISITA DE SUSA HERRERA


Para rematar este mes de abril visitounos Susa Herrera coa que os nenos de infantil e primeiro ciclo o pasaron fenomenal cantando as cancións do seu libro dvd En Cabárceno se oye cantar.






                                             


Todos os seus libros

El gorila incluído no Dvd

COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe