martes, 16 de mayo de 2017







Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu no 1903 en Córgomo (Ourense). Cando tiña seis anos transladouse a Ourense e posteriormente a Palencia, onde cursou estudios de Bacharelato. Entre 1914 e 1924 estudiou Dereito en Valladolid. De regreso a Córgomo, traballou como pasante nun gabinete de avogados de Valdeorras e fíxose socio protector do Seminario de Estudios Galegos. Comezou a publicar poesías en A Nosa Terra e o Heraldo de Galicia. No 1933 ingresou no Partido Galeguista e un ano máis tarde publicou na revista Nós a súa primeira escolma; Bebedeira.
     O inicio da Guerra Civil obrigouno a exiliarse; primeiro a Portugal e Francia e tres anos máis tarde a México onde exerceu diversas profesións, como a de vendedor de calzado e roupa ou representante de farmacia. Á marxe disto, colaborou con organizacións do exilio como a Alianza Nacional Galega, o mexicano Ateneo de Galicia ou O Fogar Galego; así mesmo dirixiu a revista Saudade. No 1944 participou como mandatario do Partido Galeguista no pacto Galeuzca, formando parte do Consello de Galicia en México.
     En 1953 constitúese o Padroado da Cultura Galega en México que impulsou a creación da revista Vieiros; Florencio Delgado participou na súa direción ao carón de Carlos Velo e Luis Soto. En 1963 deu á luz Galicia infinda.
     Regresou a Galiza no 1968, aínda que marcharía de novo. Retornaría en 1976 e en 1981 para tomar posesión do seu cargo como membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudios Valdeorreses. Ese mesmo ano publicou Cantaneras. Regresou a México e en 1986 publicou o seu derradeiro libro O soño dun guieiro.
     Morreu en California en 1987 e as súas cinzas foron transladadas a Córgomo poucos meses despois.
Fonte:BVG

Aquí recollemos o traballo realizado polos nenos de 6º de primaria










Obradoiro de grafitis
Os nenos e nenas de primaria realizaron un obradoiro de grafitis sobre a figura de Florencio  Delgado Gurriaran.Estes grafitis adornan os pasos de peóns da Vila.














Visita da exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán na biblioteca municipal.


Poemas



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright (c) 2010 Blog da Biblioteca do CEIP Julio Gurriarán. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.