venres, 1 de abril de 2016

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN


Neste trimestre os alumnos de 6º de primaria realizaron un pequeno Traballo de investigación na área de Educación musical:

Tema: Neste apartado  había que elixir un tema e facer un proxecto. Só hai unha condición: ten que ter relación coa música. Podes centrarte nun instrumento, unha canción, un grupo, un festival de música, un compositor, un estilo…
Despois de elixir o tema, había que pensar que aspectos trataremos. Saber como se chamaban seus pais quizais non sexa o dato máis importante que poidamos incluír na biografía dun cantante, pero saber onde e cando naceu, cal foi o seu primeiro contacto coa música ou o primeiro grupo no que tocou, si.
  Se escollemos un grupo debemos falar de todos os seus compoñentes (mesmo dos que xa non formen parte del), da súa discografía, das cancións máis importantes, da súas influencias...
  Se falamos dunha canción podemos dicir en que ano foi escrita, o autor que a compuxo, se hai diferentes versións, que instrumentos aparecen soando, a súa forma, o que di a letra, a que xénero musical pertence…
  Se nos centramos nun festival de música, onde e dende cando se celebra, se está especializado nalgún estilo en concreto, os grupos que tocaron nel, a cantidade de público que adoita ter…
  Se traballamos sobre unha orquestra, debemos concluír onde ten a súa sede, os directores que a dirixiron, un breve resumo da súa historia, compoñentes que sexan relevantes, obras importantes que estrease, concertos especiais…
  Se falamos dun instrumento, buscaremos a que familia pertence, as súas características tímbricas máis salientables, obras máis coñecidas do seu repertorio, solistas importantes...
Xa tedes unhas pequenas pistas por onde conducir o voso traballo, así que...
¡Ao choio!

E finalmente recollemos os traballos nos distintos soportes e facemos a presentación dos nosos traballos aos compañeiros 







Ningún comentario:

Publicar un comentario