luns, 12 de marzo de 2018

Día dos dereitos do consumidor



O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor celébrase cada ano o 15 de marzo. Trátase dunha xornada na que se poñen de manifesto todos aqueles dereitos que temos os cidadáns como consumidores á hora de comprar e de elixir os produtos desexados.
A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores no ano 1983, cuxa celebración conmemora o discurso dado polo presidente John F. Keneddy o 15 de marzo de 1962 para recoñecer ao consumidor como un elemento fundamental dentro do proceso produtivo.
Na Constitución Española de 1978 faise referencia á defensa dos consumidores no artigo 51:
Os poderes públicos garantirán a defensa dos consumidores e usuarios.
Os poderes públicos promoverán a información e a educación dos consumidores e usurarios, fomentarán as súas organizacións.
Do mesmo xeito a Organización das Nacións Unidas adoptou unhas medidas o 9 de abril de 1985 para ser que fosen levadas a cabo e protexer deste xeito aos consumidores.
Tema
2016: antibióticos fora do menú

Recursos da rede

Xoga e aprende con Consumi
Libros SM para commemorar ese día
Conto 3-6 anos





Ningún comentario:

Publicar un comentario