lunes, 1 de febrero de 2016



Recursos
Guía Didáctica  da pelicula ( Goberno de Aragón)

O enredo do libro é sobre o neno chamado Charlie Bucket, que vive na pobreza, nunha casa cun único cuarto, cos seus pais e catro avós. Charlie é un rapaciño xentil, meigo e tamén responsábel. Con todo, o que Charlie máis ama na vida é o chocolate. Mais, a causa da pobreza da familia, só recibe unha barra por ano, no día do seu aniversario.
Preto da casa de Charlie está localizada a maior fábrica de chocolate do mundo, de propiedade do Sr. Willy Wonka, o maior e máis inventivo produtor de chocolate, que produce todos os tipos de deliciosas lambetadas, incluíndo algunhas que parecen imposíbeis de existir, como un sorbete que nunca derrete e unha goma de mascar que nunca perde o seu sabor. Por culpa da espionaxe industrial, que case levou a fábrica do Sr. Wonka a quebra, este pechou a súa fábrica para o público e agora produce soamente con misteriosos empregados, que viven alá dentro.
Wonka, nun movemento sorprendente, decide abrir a súa fábrica para a visita pública, iniciando unha lotería. Cinco barras de chocolate Wonka esconden cinco “Billetes Dourados”, que darán a quen os encontre a admisión para el e dous membros máis de súa familia, coma acompañantes, a unha visita guiada polo propio Wonka á súa fabulosa fábrica.
Como por milagre, Charlie consegue encontrar un dos “Billetes Dourados” e así el e mailo seu avó Joe entran na fábrica do Sr. Willy Wonka, onde encontran moitas creacións marabillosas do Sr. Wonka – incluíndo algúns prototipos que causan efectos colaterais de levantar os cabelos. Os outros vencedores dos “Billetes Dourados” compórtanse mal un por un, terminan en situacións estrañas, case fatais, que requiren o seu afastamento da visita guiada. Charlie pórtase tan ben que ao final é recompensado. ( Fonte wikipedia)




0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright (c) 2010 Blog da Biblioteca do CEIP Julio Gurriarán. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.