jueves, 5 de noviembre de 2015


Por segundo ano consecutivo,desde a Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria promóvese  a celebración en novembro do MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Suándose a celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións. 
Desta vez o autor do manifesto para o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira, quen lembra no seu fermoso texto que "o galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia."
Desde a consellería editouse, tamén, un FOLLETO INFORMATIVO con informacións diversas sobre a celebración deste Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, recollendo a programación das bibliotecas públicas nodais (dependentes da administración autonómica), así como otras informacións de Bibliotecas Escolares de Galicia, en relación con esta temática. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares ofrécese a páxina de Recursos para a Ciencia en Galego como unha contribución ao traballo nos centros. 
Fonte: bibliotecas escolares

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright (c) 2010 Blog da Biblioteca do CEIP Julio Gurriarán. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.