domingo, 4 de octubre de 2015



En 2015 conmemórase o Ano Internacional dos Solos co obxectivo de aumentar a concienciación e a comprensión sobre a importancia deste recurso non renovable para a seguridade alimentaria e as funcións esenciais dos ecosistemas. 


O solo é un recurso non renovable e fundamental para a vida no planeta Terra. As plantas, que están na base da cadea alimentaria, precisan do solo para asentarse e medrar. E son necesarios 200 anos para formar cada centímetrode sustrato. Incendios forestais, secas, riadas e a acción do home están a erosionar os solos e poñer en perigo a biodiversidade.




Ideas para salvar o solo 
Canto sabes sobre os solos?
Sabes cando se celebra o Día dos Solos?
O solo, protagonista dun cómic divulgativo do CSIC


Álbum realizado polo Estudio Tangaraño para o Consello da Cultura Galega. Está editado dentro da colección "Ciencia para todos" (nº2) que se coordina desde a Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade desta institución. Pretende amosar aos máis novos a problemática medioambiental do solo e a necesidade de protexer este recurso. Podes descargalo no web do Consello da Cultura Galega

FICHA TÉCNICA
Galicia, 2000
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: C-1309-2000
ISBN: 84-95415-32-1
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright (c) 2010 Blog da Biblioteca do CEIP Julio Gurriarán. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.