xoves, 13 de novembro de 2014

NOVEMBRO TAMÉN É O MES DA CIENCIA



Novembro non é só o mes da mata, dos magostos e do Samaín. Tamén é, dende hai unha década, o mes da ciencia e, dende hai tres anos, o mes da ciencia e da tecnoloxía en galego.
No ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e, nomeadamente, na erradicación da pobreza e a prol da seguridade humana. Tamén persegue unha maior conciencia social da importancia da ciencia e reducir a fenda existente entre a ciencia e a sociedade.
Dende hai tres anos, a celebración da UNESCO foi adoptada nos centros educativos galegos como Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego. O obxectivo principal desta efeméride, en consonancia co achegamento entre lingua e sociedade e mais co papel da ciencia a prol do desenvolvemento humano que propugna a UNESCO, é o de mostrar que a lingua galega é útil para facer ciencia e, no eido do ensino, para impartir as materias científico-técnicas.

Este ano, o profesorado agrupado arredor de IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) propón centrar a celebración na tecnoloxía e nas figuras de Leonardo da Vinci e mais do galego Ramón Verea, inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.
Ramón Silvestre Verea García (Curantes-A Estrada, 1833 – Bos Aires, 1899) é un dos pais das modernas máquinas de calcular. En 1878 patentou nos Estados Unidos de América un enxeño que, a diferenza dos seus predecesores –que só sumaban e restaban amodo- era capaz de multiplicar e de dividir instantaneamente incluíndo ata 15 cifras no resultado. O seu invento supuxo unha enorme contribución ao futuro desenvolvemento da computación. O prototipo deseñado por Ramón Verea exponse hoxe na colección de enxeños de cálculo que IBM ten na súa sé de Nova York.
Velaquí diferentes materiais elaborados por equipos de dinamización da lingua galega para educación infantil e primaria. Pincha neles para saber máis:




na páxina  da Secretaria Xeral de Política Lingüística "Outono de ciencia"  atoparás máis información.

luns, 3 de novembro de 2014

Actividades de Halloween

O día de Halloween os nenos de Educación Primaria acudiron a biblioteca a ver unha presentación de cómo se celebra esta festa en América elaborada por Jacob Fredy,auxiliar de conversa.

xoves, 30 de outubro de 2014

Actividades Día das Bibliotecas Escolares

Para celebrar este día realizamos diversas actividades: lembramos o conto do moucho sabio,a mascota da nosa biblioteca,e decoramos a súa árbore con follas matemáticas.Nesa semana tamén comezaron a circular as mochilas viaxeiras.

sábado, 25 de outubro de 2014

Libros Samaín


Libros para ler nestes días:
Educación Infantil:
A miña amiga escuridade
 Ella Burfoot 
Baía Edicións

Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta á escuridade como amiga das nenas e os nenos. O libro, para nenos a partir de 2 anos, está especialmente recomendado para evitar o medo á escuridade. Ideal para compartilo cando se deitan. 

O dragón Comemedo
RuAn
Baía Edicións
A partir de 3 anos Un día Bernal, un neno con tanto medo que case non podía facer nada, encontrou un dragón grandísimo. A situación semellaba terrible até que descubriu como encoller o dragón e con el todos os seus medos.

Educación Primaria:

Primeiro Ciclo 
Colección " O Baúl dos monstros" ( 10 Títulos)
A bruxa

Enric LLuch,Oscar T Pérez
Baía Edicións
A bruxa Maruxa non para de meterse en leas. A última foi na casa de chocolate de Hansel e Gretel, despois de pedir o traslado. Que fará a bruxa mandona cando saiba que deixou o conto patas arriba?

O vampiro


Enric LLuch

Baía Edicións
O vampiro Ladislau ten un problema: os seus cairos non están afiados e sen eles nin dá medo nin pode morder suculentos pescozos. E é que a vida de vampiro tamén pode ser moi dura!

O esqueleto

Enric LLuch
Baía Edicións
Osiños quere ser futbolista como as persoas de carne. A súa familia, alarmada, tratou de facerlle ver que para un esqueleto non é posible.Pero por que non intentalo?

2º Ciclo 
A noite de Samaín


Pepe Carreiro
Editorial Toxosoutos
Nova entrega da serie protagonizada pola familia dos Barbanzóns formada por nove habitantes do castro de Baroña e o oso Banza ambientada na noite de Samaín.

mércores, 1 de outubro de 2014

Biblioteca escolar.....matemática!!!





Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 

venres, 16 de maio de 2014

Navegando con rumbo

Os nenos do 3º ciclo recibiron unha charla sobre as utilidades de internet e como usar a rede de modo seguro.

Páxina navega con rumbo con xogos e guías para pais alumnos e profes

domingo, 4 de maio de 2014

Letras Galegas 2014: Xosé Mª Díaz Castro


Este ano o homenaxeado do Día das Letras Galegas é Xosé Mª Díaz Castro ( 1914-1990).poeta orixinario de Os Vilares de Parga,Guitiriz ( Lugo ).
Estudou no Seminario de Mondoñedo,cando saíu exerceu de profesor de ensino medio en Vlagarcía de Arousa.Tras licenciarse en filosofía e letras trasladouse a Madrid onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio de Gobernación.Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.
Obras:
Nimbos

Para saber máis:




Mural
Debuxos do Concurso do Concello co gallo das letras Galegas





domingo, 27 de abril de 2014

VISITA DE AN ALFAYA


Os nenos e nenas do 3º ciclo recibiron a visita de An Alfaya autora de "A ánfora exipcia" que é o libro que traballaron durante o 2º trimestre.Estiveron moi atentos as palabras da autora  que despois da charla asinou exemplares do seu libro.

luns, 14 de abril de 2014

Actividades Dia da árbore



Durante o mes de marzo tosdos nenos e nenas do cole recibiron charlas onde aprenderon a través do conto o home do lume a importancia de coidar os nosos montes e evitar incendios forestais.
Uns días despois os nenos pequenos asistiron a plantación dunha árbore no horto do cole e os maiores sairon a plantar árbores fóra.






luns, 7 de abril de 2014

Contacontos



Sabela Gago contoulles os nenos e nenas de educación infantil dous contos un do rato Frederick e outro moi divertido cheo de maxia e experimentos.




mércores, 2 de abril de 2014

Hans Christian Andersen





Nado o 2 de abril de 1805 en Odense, Dinamarca. A súa familia era tan pobre que en ocasións tivo que dormir baixo unha ponte e mendigar. Era fillo dun zapateiro de 22 anos, instruído pero enfermizo, e dunha lavandeira de confesión protestante. Andersen aadicou a súa nai o conto La pequeña cerillera", pola súa extrema pobreza, así como "No sirve para nada", en razón de su alcoholismo.

Dende unha idade moi temperá, Hans Christian amosou unha gran imaxinación que foi alentada pola indulexncia de ámbolos  paisce pola superstición da súa nai. No 1816 morreu o seu pai e Andersen deixou de asistir á escola; Adicouse a ler todas as obras que podía conseguir, entre elas as de Ludwig Holberg e William Shakespeare.

Cuentos infantiles electrónicos



Más información

venres, 28 de marzo de 2014

Actividades Día da Muller traballadora

Para conmemorar este día elaboramos nas aulas pequenos proxectos de investigación sobre mulleres que destacaron en diversos ámbitos científico, deporte,literatura.... e cos resultados destas investigacións elaboramos un libro .

mércores, 19 de febreiro de 2014

DANZA MEDIEVAL

Como no Entroido imos traballar o mundo medieval, nos disfrazaremos de campesiños, pastores, mercaderes, princesas, cabaleiros, escudeiros, cociñeiros... Elaboraremos  doces típicos e tamén imos traballar a música desa época. Aquí tedes a danza que imos bailar o día do entroido.



Pincha na foto para escoitala

domingo, 16 de febreiro de 2014

Experimentos sobre a materia

Todos os obxectos están formados por materia que ten diversas propiedades comúns ( masa, volume...) e específicas que varían dunha sustancia a outra.Os alumnos de 6º B recollen neste video os experimentos que realizaron :experimentos de filtración,deformación, cambios de estado, reccións químicas, magnetismo, disolución....


mércores, 12 de febreiro de 2014

Recursos Día dos Namorados

Recursos da rede
Contos:
You Tube
Las palabras dulces
Pequeño azul y pequeño amarillo
Abrazo
La gran fábrica de palabras
Adivina cuánto te quiero


martes, 28 de xaneiro de 2014

NELSON MANDELA


NELSON MANDELA





CRONOLOXÍA DE NELSON MANDELA

18 de xullo de 1918
Nace Nelson Rolihlahla Mandela en Mvezo (Sudáfrica).
1944
Afilíase ao Congreso Nacional Africano (ANC).
1944
Funda, xunto con outros, a Liga Xuvenil do Congreso Nacional Africano (ANCYL).
1948
É elixido Secretario Nacional da ANCYL
1952
Lanzamento da campaña «Defiance» (Rebeldía), campaña masiva de desobediencia civil contra as leis inxustas.
Mandela foi elixido Voluntario nacional en xefe da campaña.
1956 a 1961
Mandela é un dos 156 acusados no xuízo por traizón.
21 de marzo de 1960
Matanza de Sharpeville, durante a cal 69 homes, mulleres e nenos foron asasinados e uns 200 resultaron feridos.
O goberno declara case de inmediato o estado de emerxencia e detén uns 18.000 que protestaban. O ANC é proscrito e Mandelapasa á clandestinidade.
1961
Formación do movemento armado do ANCUmkhonto we Sizwe(«Punta de lanza da Nación»), con Mandela como comandante en xefe
1962
Mandela viaxa a outras partes de África e a Europa.
5 de agosto de 1962
Mandela é detido por saída ilegal do país e incitación á folga. É xulgado e condenado a cinco anos de cárcere.
xullo de 1963
Detención de destacados dirixentes do ANC en Rivonia e Mandela é acusado xunto con eles.
12 de xuño de 1964
Condenado a cadea perpetua e enviado a Robben Island(posteriormente é trasladado ao cárcere de Pollsmoor e logo ao cárcere Victor Verster).
1985
No medio de prolongadas protestas en masa contra o réxime de apartheid, o ANC inicia negociacións co goberno.
febreiro de 1990
Sae do cárcere.
1993
Recibe o Premio Nobel de la Paz (xunto con F.W. de Klerk).
27 de abril de 1994
Primeiras eleccións multirraciais celebradas en Sudáfrica con recoñecemento pleno do dereito ao voto, nas que o ANC gaña por unha gran maioría.
10 de maio de 1994
Toma de posesión como primeiro presidente democraticamente elixido de Sudáfrica, posto que ocupa durante un só mandato, ata 1999.
5 de decembro de 2013
Nelson Mandela faleceu en Johannesburgo aos 95 anos

NA BIBLIOTECA:


Temos  na biblioteca  a vosa disposición o libro "MIS CUENTOS AFRICANOS" de Nelson Mandela

Un libro donde Nelson Mandela recolle  os máis entrañables relatos antigos de África que retratan aos seres humanos, animaiss e seres fantásticos. Cada conto está retratado por 16 artistas africanos.








RECURSOS  NA REDE

Actividades sobre Mandela

- Caza do tesouro realizado por Xoaquín  Freixeiro para a aula

- Blog para profes e pais



luns, 20 de xaneiro de 2014

OS BOLECHAS



Os nenos e nenas do cole participaron no concurso dos Bolechas polo que recibiron agasallos e libros para a biblioteca.Aquí podedes consultar todos os libros de Os Bolechas que hai na nosa biblioteca.
Para máis información podes visitar a súa páxina onde  podes atopar xogos, debuxos para colorear ...( Hai que unirse o clube)
Se queredes seguir as súas aventuras 

Os nenos e nenas do cole desfrutaron dos novos libros dos Bolechas: