sábado, 15 de diciembre de 2012




LECTURA COLECTIVA   3º CICLO DE PRIMARIA

Os alumn@s de 3º ciclo de Primaria elixiron "Mil cousas poden pasar como lectura colectiva para o 2º trimestre.  Se pinchas na foto podes saber algo máis do autor.


SINOPSe

Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serranogañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.
DATOS DO LIBRO
Nº de páginas: 232 págs.
Editorial: XERAIS
Lengua: GALLEGO
Encuadernación: Tapa blanda
ISBN: 9788499140483
Año edicón: 2009
Plaza de edición: VIGO
Autor: Juan Jacobo Fernández


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright (c) 2010 Blog da Biblioteca do CEIP Julio Gurriarán. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.