domingo, 25 de novembro de 2012

Aula do medo


Aquí vos deixamos os videos correspondentes a actividade da aula do medo que levamos a cabo  co gallo do Samaín na biblioteca do cole.Esperamos que vos gusten.


venres, 2 de novembro de 2012

Laura Gallego, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil


Laura Gallego (Valencia, 1977) obtivo este martes o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2012 pola súa  obra 'Donde los árboles cantan'. O galardón, dotado con 20.000 euros,  foille concedido  polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquer das linguas oficiais do Estado e editada en España durante 2011

Vida e obras de Laura


Web de Laura Gallego