jueves, 19 de abril de 2012




video


O pasado 5 de marzo tivemos no cole un Concerto Didáctico a cargo do profe Javier e a súa banda Serotonina.Pasámolo moi ben. Todas as cancións( O polo Pepe,Loboferoz e Cocorico) tiñan asociado un conto que traballamos previamente nas aulas de infantil.

  • O Polo Pepe:canción recollida no libro Cd de Susa Herrera con Mamá Cabra Cartas que veñen e van. Para saber mais cousas  deste libro CD e otros libros de mamá cabra preme no seguinte enlace mamá cabra. 
  • Cocorico e Loboferoz:cancións recollidas no  libro de Almudena Janeiro publicado por OQO Contos en cantos.Estas cancións baséanse nas historias que contan os libros
           Para os que non coñezan estes contos :
           Cocorico: é un dos contos favoritos dos nen@s de infantil.

    Marisa Núñez &Helga Bansch 
    Cocorico é un poliño que vive feliz coa súa nai. Un día, Mamá Galiña vai facer un biscoito e o poliño ofrécese a buscar leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere comer; pero Cocorico consegue salvar a súa vida prometéndolle a metade da merenda. Pasado o perigo, o glotón de Cocorico esquece o trato e come o bizcocho enteiro. A mamá enfádase: Vai vir Gato Pelado e vaiche a comer dun bocado! Entón óese un ruído na porta: é Gato Pelado que vén a por a súa metade de biscoito...
 Érase unha vez un lobo tan vago que, por non esforzarse, non comía máis que sopas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz...   
 




  • Debajo de un botón:esta é unha das cancións de toda vida favoritas dos mais pequechos.
    • 0 comentarios:

      Publicar un comentario

       
      Copyright (c) 2010 Blog da Biblioteca do CEIP Julio Gurriarán. Design by Wordpress Themes.

      Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.