miércoles, 1 de febrero de 2012

Suxerencias para ler con nenos de 3 a 12 anos

Suxerencias para ler con nenos/as de 3 a 5 anos
  • Os nenos/as desta idade síntense orgullosos polos seus logros. A moitos lles gusta ler historias ou contos sobre nenos pequenos coma eles con experiencias similares.
  • Disfrutan de historias cunha trama simple que eles poidan volver a contar coas súas propias palabras.
  • Tamén lles gustan os libros con patróns de rimas repetitivas e predecibles, que lles permitan participar na lectura.
  • Como están aprendendo a escoitar e a comprender, é recomendable lerlles libros máis extensos con ilustracions e tamén libros con capítulos para ler en varios encontros.
  • Pola súa curiosidade, tamén lles interesan os libros con información sobre diferentes temas, con datos e explicacions.
  • Algunhas suxerencias para ler en voz alta
  • Presente o libro, lea o título, o autor, o ilustrador.
  • Conversen sobre a portada e pregúntelles sobre qué cren que tratará o libro.
  • Suxira que poñan atención en algunhas cousas que poderían ver ou escoitar.
  • Ao ler, siga a lectura co seu dedo, marcando as palabras que le.
  • Repita as palabras e rimas interesantes durante a lectura e en cualquer outro momento.
  • Ao finalizar a lectura, conversen sobre o lido, expresando as suas opinións e sentimentos.
  • Propoña algúns xogos a partir da lectura, como dibuxar, armar títeres ou representar o conto lido.



Suxerencias para ler con nenos de 6 a 8 años
Os nenos/as non só aprenden a ler na escola. Vostede tamén pode facer moitas cousas para axudalos para entusiasmalos coa lectura e a escritura. Estas son algunhas cousas que poden facer para disfrutar xunto cos seus fillos/as e axudalos na lectura:
  • Comparta lecturas en voz alta. Pode ler vostede ou, se está de acordo, poden alternar lendo unha oración ou párrafo cada un.
  • Realice esta actividade mentres os seus fillos/as a disfrutan e o desexen, aínda que sexa un periodo breve. É importante que o disfruten e non sexa unha obriga
  • Deixe mensaxes escritos para que os seus fillos/as os descubran e lean.
  • Léveo a visitar librerías, feiras de libros e bibliotecas.
  • Compartan un libro e logo unha película baseada nese texto.
  • Poña a súa disposición:
    • Libros con textos breves e sinxelos que eles mesmos poidan ler.
    • Libros que vostede xa teña lído cando eran máis pequenos e agora poden ler por sí mesmos.
    • Libros de variados xeneros: contos, poemas e de divulgación (por exemplo, sobre temas que lles interesen: animais, hobbies, autos, etc.).


Suxerencias para ler con nenos/as de 9 a 12 anos

A esta idade, a maioría dos rapaces/as poden ler de modo independiente. Éste e un bo momento para que vostede os motive e entusiasme coa lectura. Aínda que xa son “maiores”, moitos nenos/as disfrutan cando os adultos lles len en voz alta e cando comparten actividades e xogos coa súa familia.A esta idade, a maioría dos rapaces/as poden ler de modo independiente. Éste e un bo momento para que vostede os motive e entusiasme coa lectura. Aínda que xa son “maiores”, moitos nenos/as disfrutan cando os adultos lles len en voz alta e cando comparten actividades e xogos coa súa familia.
  • Moitos rapaces/as consideran que a lectura e algo “serio” e cecais “aburrido”. Rompa con esta manera de concebir a lectura, permitindolle disfrutar xunto con eles un libro de chistes, unha historia contada con adiviñas ou un material escrito con sentido do humor.
  • Deixe a súa disposición diarios e revistas de actualidade adecuados a súa idade para que lles boten un vistazo e, se o desexan, as lean.
  • Continúe léndolles libros en voz alta.
  • Propoña que lean aos irmáns ou nenos/as menores da familia.
  • Cuando pasean, propóñalles entrar nunha librería. Exploren xuntos a seción de libros para xóvenes. Pídalle ao encargado que lle suxira libros e revistas que os seus fillos poidan disfrutar.
  • Estableza pautas para acotar o tempo que os seus fillos/as ven televisión para que fagan outras actividades. Pero nunca use a TV como premio por haber lido, ou castigo por non facelo.
  • Propóñalles ler libros baseados en películas que viron ou viceversa.Axúdelles a encontrar distintos motivos para escribir. Poden ocuparse de escribir listas, mensaxes, cartas, mensajes de correo electrónico.